24 octubre 2011

Por fin chove!!

 
Por fin comezou a chover este Domingo 23, bastantes días máis tarde da miña "acertada" previsión meteorolóxica. A verdade é que falta facía, porque estaba todo seco, igual que cando ven un verán seco e caluroso. Afortunadamente, as temperaturas baixaron e a auga vai seguir con nós ata polo menos o próximo Xoves 27. Como poderedes observar esta entrede está sen faltas de ortografía. VAI POR TI, ANABEL!!!!!!!! :)

10 octubre 2011

A Fonsagrada sufre unha ola de calor.... EN OCTUBRE!!!



A nosa vila esta sufrindo ultimamente unha ola de calor un pouco tardia que esta afectando as reservas de auga, como o pastizal, ... e que segundo AEMET que polo menos seguira con nos ata o proximo domingo 23, que comezarán a descender as temperaturas e a posibilidade de precipitacion aumentará a un 95%, moito máis alta que o 0% ou o 5% destes días.
Segundo os sabios de fonsagrada este ano vai nevar moito, desas nevadas de antes pola numerosa presenza das avispas!!
Esperamos que teñan razon!!!! :D

29 septiembre 2011

descontento co novo concello

Uns poucos días atrás comezou na Fonsagrada a construcción do novo concello na praza do museo. Este contará cunha planta subterranea e x mais cara arriba, e a miña pregunta e... ¿por que o construen alo? porque dende o meu punto d vista o concello vello non esta nada mal!!
Segundo fontes ben informadas, xa desde antes de que se demolera  o antigo colexio estaba planeada a súa construcción nesa praza, sen embargo non se comezou ata este ano, o 2011, no que todas as festas estaban asentadas aló, dende o día grande das festas de setembro ata a feira do butelo, pasando pola mostra folcklorica e o resto das feiras do mes.
Eu so me fago unha pregunta... ¿onde se faran a partir deste momento as festas?
Seguiremos informando





22 septiembre 2011

Fonsagradinos del mundo: uníos!!!

Douvos a benvida a este novo blog no que pretendo que nos reunamos algún que outro fonsagradin@ que por razones de la vida tivera que marchar a outras zonas de Galicia, España ou do mundo, e así, en caso de que algún día fagamos un canal de televisión ou eso poidamos facer un destes programas que tanto se repiten hoxe en dia na tele. Ademais intentaremos abordar temas de actualidade na vila. Pos nada mais, solo despedirme e decirvos que vos animedes. Un saludooo!!!! :D